domingo, 25 de octubre de 2009

a marea crece

Non vou seguir insistindo no marabilloso que resulta abrir este blog e encontrar colaboracións e comentarios de todos vós. E realidade o que quería comentar é a grata sorpresa do video de Xabier. Como xa saberedes Cunqueiro é un dos escritores galegos máis frutíferos e importantes. Só por el xa debemos falar da existencia dunha literatura galega. Antes da guerra civil publicou moita poesía, entre elas as que responden a un gusto pola literatura medieval, en concreto a cantiga de amigo. Este é un dos poemas que respectan a forma medieval e engaden un simbolismo novo e moderno. É ideal para ser musicada e é a primeira vez que a escoito por este cantante. Está visto que os grandes "escritores (si, tamén rockeiros) nunca morren.
Xabi, en canto as faltas de ortografía, oes, nin a primeira.
Rubén-Iván, direivos que, na miña opinión, o hórreo (etc...) segue aí por non chegar a un acordo económico co dono, pero que pronto deixará de estar. O progreso prevalece fronte a tradición. Agora. iso si, que fermoso contemplar por un momento este símbolo de calquera tipo de resistencia.
P.D Xabier non fai a pelota, todo é verdade, certo, e con bo gusto. Outra cousa, podedes participar con Historia de GZ cando queirades. Xa sabedes que a literatura, a lingua e a Historia sempre foron da man nesta terra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario