martes, 9 de noviembre de 2010

Fidelidade


Quizais non son a persoa máis indicada para escribir estas palabras, quizais soen hipócritas saídas de min, pois case todos sabedes que non nos levábamos moi ben. E é certo.

A pesar deses disgustos durante todo segundo de bacharelato, non podo evitar sorrir cada vez que lembro algunhas das súas peculiares clases: o pantocrator e a súa mandorla (aura para ela), a súa teoría sobre a relación entre a forma das orellas e do feto, a teoría de que debemos ser unha especie de peixes pola alta porcentaxe de auga nos nosos corpos e no aire, o efecto que lle causaba no ánimo as cores da roupa...

De colorear a Mimí, faríao cunha única cor: o verde, símbolo da súa frescura, da súa intensidade, da súa fidelidade cara ela mesma. Fidelidade. Unha boa filosofía para sobreviri neste mundo no que todos somos crueis incluso connosco mesmos.

Sabía que a xente a criticaba, e non lle importaba. Era valente e seguía cara adiante, a quen non lle gustara que mirase para outro lado.

Por isto recoñezo o valor de Mimí neste mundo, a pesar dos numeros enfados entre as dúas, porque a pesar de todo, ela ensinoume a loitar, a moverme polo que de verdade me importaba, a perseverar e a ser constante aínda que todo vaia do revés ou me saia mal. A seguir adiante comigo mesma.

Estea onde estea, espero que siga adiante.

sábado, 6 de noviembre de 2010

DESCRICIÓN DE LORENA A UNHA COMPAÑEIRA

Camiñaba con prudencia polos camiños de terra poboados de silvas e toxeiras que lle cortaban o paso enredándoselle nos pés, eses que con lixeireza, facíana avanzar sen esmagar os vergoñentos cogumelos agochados baixo as chorosas follas caídas no outono.
Ollaba cara ás árbores queimadas polo norte, con morriña, como o mariñeiro que tras meses fóra do seu fogar, ve a branquísima luz dun faro na madrugada. Neses ollos medraba o seu verdadeiro ser. Tan escuros e pequenos, como cheos de vida.
Os seus beizos, matizados con pequenos cortes superficiais, deixaban escapar anaquiños de aire fresco, anaquiños da súa alma esperanzada que ansiaba escapar do lugar onde está confinada, coma un pardal engaiolado.
Os seus cabelos desembocan nos seus ombreiros, ergueitos, estreitos e femíneos, sobre eles, fíos de la tan escuros como o acibeche, tan rizados coma unha caracola da praia, tan suaves como a súa voz. Unha voz que non semella o vo dunha águia coa súa firmeza e solemnidade, senón que trae lembranzas dos cánticos que entoan as anduriñas en primavera. Fráxil, non ve a súa beleza. Tan pura e inxenua que o seu sorriso podería facer tremer á propia templanza.

OS CAMIÑOS DA VIDA

Gustoume moito o que limos na clase. É unha obra moi realista e dura, que compara maneiras de vivir moi diferentes. O máis fascinante son os tipos de muller que aparecen ao longo da obra, observar as diferenzas e semellanzas entre elas á vez que temos en conta o patrón da época.
O vocabulario e as descricións tan longas son outras das cousas fascinantes da novela. Otero consegue debuxar unha imaxe do que describe na mente, case podes ulili e saborealo. En conclusión, hai fragmentos que son un verdadeiro pracer para os sentidos.
POR LORENA