viernes, 23 de octubre de 2009

Javier ó aparato

Esta é a primeira vez que escribo nun blog, e espero non facelo tan mal como para que sexa a derradeira. Temos que agradecer á nosa profesora Sabela por deixar que nos adentremos no mundo das novas tecnoloxías, para así compartir a nosa ENORME sabiduría co resto de frikis e bichos raros que decidan por un casual moi casual visitar este espacio. Espero que entre todos vaiamos enchendo isto pouco a pouco, pasiño a pasiño, ata conseguir un humilde resumo do que serán as experiencias que disfrutaremos -aínda que un pouco tamen haberá que sufrir- durante un curso de literatura galega que se presenta, a priori, especial e diferente ao resto de materias.
Por outra parte, como gran profesional e asistente técnico do blog (Isto acabo de inventalo) xa descubrín como subir videos, cousa que vos explicarei se teño ocasión. Este co que vos deixo é o que máis relacionado está coa literatura galega dos que quería mostrarvos. É unha nova versión musical do poema de Álvaro Cunqueiro 'O niño novo do vento' feita por Xoel López, cantautor galego que con anterioridade formou parte da aclamada banda de rock "Deluxe".
Non teño moito máis que dicir, polo que so me queda despedirme e por favor, se queredes comentar, facedeo, xa que como di a profe aqui todos dicimos burradas e non pasa nada. Ademais, nin que o fora a ler moita xente!

PD: Perdón polas posibles faltas de ortografía.
PD2: Se teño tempo na miña apretada axenda intentarei poñerme co Photoshop e facer un logo para a cabeceira, pareceremos máis profesionais.

1 comentario:

  1. Bueno Bueno Bueno
    O Javi non é listo nin nada, a primeira entrada que fai, e faina poñendo un video de Xoel López, iso si que é comezar con bo pé.
    A verdade e que no texto cheirase algo de "peloteo" e non vou permitir que sexas máis ca min.
    Quedo moi contento polo ben que o pasades en lit.galega, podiamos facer algo en conxunto con histori de Galicia, eh?
    ahí o deixo, unha aperta galega.

    ResponderEliminar