martes, 9 de noviembre de 2010

Fidelidade


Quizais non son a persoa máis indicada para escribir estas palabras, quizais soen hipócritas saídas de min, pois case todos sabedes que non nos levábamos moi ben. E é certo.

A pesar deses disgustos durante todo segundo de bacharelato, non podo evitar sorrir cada vez que lembro algunhas das súas peculiares clases: o pantocrator e a súa mandorla (aura para ela), a súa teoría sobre a relación entre a forma das orellas e do feto, a teoría de que debemos ser unha especie de peixes pola alta porcentaxe de auga nos nosos corpos e no aire, o efecto que lle causaba no ánimo as cores da roupa...

De colorear a Mimí, faríao cunha única cor: o verde, símbolo da súa frescura, da súa intensidade, da súa fidelidade cara ela mesma. Fidelidade. Unha boa filosofía para sobreviri neste mundo no que todos somos crueis incluso connosco mesmos.

Sabía que a xente a criticaba, e non lle importaba. Era valente e seguía cara adiante, a quen non lle gustara que mirase para outro lado.

Por isto recoñezo o valor de Mimí neste mundo, a pesar dos numeros enfados entre as dúas, porque a pesar de todo, ela ensinoume a loitar, a moverme polo que de verdade me importaba, a perseverar e a ser constante aínda que todo vaia do revés ou me saia mal. A seguir adiante comigo mesma.

Estea onde estea, espero que siga adiante.

1 comentario:

  1. Encántame ver na muller que aquel parruliño acabou convertido. Estou orgullosa de ti(se é que eu teño dereito). Eu tamén tiven os meus máis e os meus menos, pero iso non quita o afecto. Non só queremos aos que son coma a nós. E menos mal. Bicos

    ResponderEliminar