sábado, 14 de noviembre de 2009

Like a rolling stone

Volvía o outro día en autobús dunha agotadora xornada lectiva, cando comezou a soar nos meus auriculares a canción que está na parte inferior desta entrada. Sempre que vou coa música posta teño a manía de inventarme historias ás que lle quedaria ben o que estou escoitando, coma se fose a perfecta banda sonora dese instante. Entón, pensei na clase de literatura galega (É que cando non se pode evitar...), concretamente nos fidalgos de "Os camiños da vida" e na parte da súa decadencia ó colisionar con outra forma de vida e sociedade. Estou referindome ao momento no que xa non poden caer máis baixo porque é imposible, ao momento no que os papeis empezan a cambiar, ao momento no que uns plantexanse intentar saír adiante e outros simplemente non se plantexan nada e continúan no seu miserable mundo de ilusións e apariencias.
Pois ben, creo que hai frases neste tema de Bob Dylan que cadran perfectamente co que expliquei anteriormente: A perda de riquezas e respeto, decatarse da crúa realidade, verse superados pola situación que lles escapa das mans...etc etc. Non sei, pareceume curioso que algo que non ten nada que ver -En teoría- puidese interpretarse desta maneira. É obvio que non toda a cancion encaixa perfectamente, pero aínda así creo que é unha elección bastante adecuada. Deixo o vídeo coa letra subtitulada en castelán, a ver que vos parece. Ata logo, frikis.

2 comentarios:

  1. un dos obxectivos que me propoño é demostrar que a literatura forma parte de nós, o que escriben os autores é o que nos vivimos ou sentimos , pero non sabemos expresar. Por iso a literatura está conectada coa música, coa pintura e con todas as arte, pero sobre todo con nós. encántame que che pase isto e espero que te mellores pronto. recorda que es o boss

    ResponderEliminar
  2. Hola mundo!
    Encontré éste blog de casualidad y a partir de ahora intentaré ser un visitante asiduo.
    A mi señora (Raquel) le hará ilusión visitarlo también, y, si encuentro un momento en mi apretada agenda, hablaré de éste proyecto en mi blog.

    Por cierto, hablo en castellano porque creo que sacando un 7 en selectivo ya le hice suficiente daño a la cultura gallega... :D

    Joaquín Muruais "Quincho"

    ResponderEliminar