martes, 9 de noviembre de 2010

Fidelidade


Quizais non son a persoa máis indicada para escribir estas palabras, quizais soen hipócritas saídas de min, pois case todos sabedes que non nos levábamos moi ben. E é certo.

A pesar deses disgustos durante todo segundo de bacharelato, non podo evitar sorrir cada vez que lembro algunhas das súas peculiares clases: o pantocrator e a súa mandorla (aura para ela), a súa teoría sobre a relación entre a forma das orellas e do feto, a teoría de que debemos ser unha especie de peixes pola alta porcentaxe de auga nos nosos corpos e no aire, o efecto que lle causaba no ánimo as cores da roupa...

De colorear a Mimí, faríao cunha única cor: o verde, símbolo da súa frescura, da súa intensidade, da súa fidelidade cara ela mesma. Fidelidade. Unha boa filosofía para sobreviri neste mundo no que todos somos crueis incluso connosco mesmos.

Sabía que a xente a criticaba, e non lle importaba. Era valente e seguía cara adiante, a quen non lle gustara que mirase para outro lado.

Por isto recoñezo o valor de Mimí neste mundo, a pesar dos numeros enfados entre as dúas, porque a pesar de todo, ela ensinoume a loitar, a moverme polo que de verdade me importaba, a perseverar e a ser constante aínda que todo vaia do revés ou me saia mal. A seguir adiante comigo mesma.

Estea onde estea, espero que siga adiante.

sábado, 6 de noviembre de 2010

DESCRICIÓN DE LORENA A UNHA COMPAÑEIRA

Camiñaba con prudencia polos camiños de terra poboados de silvas e toxeiras que lle cortaban o paso enredándoselle nos pés, eses que con lixeireza, facíana avanzar sen esmagar os vergoñentos cogumelos agochados baixo as chorosas follas caídas no outono.
Ollaba cara ás árbores queimadas polo norte, con morriña, como o mariñeiro que tras meses fóra do seu fogar, ve a branquísima luz dun faro na madrugada. Neses ollos medraba o seu verdadeiro ser. Tan escuros e pequenos, como cheos de vida.
Os seus beizos, matizados con pequenos cortes superficiais, deixaban escapar anaquiños de aire fresco, anaquiños da súa alma esperanzada que ansiaba escapar do lugar onde está confinada, coma un pardal engaiolado.
Os seus cabelos desembocan nos seus ombreiros, ergueitos, estreitos e femíneos, sobre eles, fíos de la tan escuros como o acibeche, tan rizados coma unha caracola da praia, tan suaves como a súa voz. Unha voz que non semella o vo dunha águia coa súa firmeza e solemnidade, senón que trae lembranzas dos cánticos que entoan as anduriñas en primavera. Fráxil, non ve a súa beleza. Tan pura e inxenua que o seu sorriso podería facer tremer á propia templanza.

OS CAMIÑOS DA VIDA

Gustoume moito o que limos na clase. É unha obra moi realista e dura, que compara maneiras de vivir moi diferentes. O máis fascinante son os tipos de muller que aparecen ao longo da obra, observar as diferenzas e semellanzas entre elas á vez que temos en conta o patrón da época.
O vocabulario e as descricións tan longas son outras das cousas fascinantes da novela. Otero consegue debuxar unha imaxe do que describe na mente, case podes ulili e saborealo. En conclusión, hai fragmentos que son un verdadeiro pracer para os sentidos.
POR LORENA

miércoles, 29 de septiembre de 2010

AQUÍ ESTOU, RAPACES AO INICIO DO NOVO CURSO. DOU A BENVIDA AOS NOVOS LITERATOS E SAÚDO AOS "VELLOS". GRAZAS TRIANA POR ESTAR SEMPRE AI, GRAZAS XABIER POR ESE TEXTO INACABADO QUE ME ENCANTA E GRAZAS A TODOS POR ESTAR AQUÍ COMIGO E DEMOSTRARME QUE NON ESTAMOS SÓS E SOMOS MOITOS OS QUE QUEREMOS QUE A NOSA LINGUA VIVA MÁIS DE MIL PRIMAVERAS. UN SAÚDO, UNHA APERTA E XA SABEDES ONDE ESTOU

domingo, 16 de mayo de 2010


Hai 147 anos Murguía estaba a celebrar o seu 3o aniversario. Sabedes cal foi o regalo da súa muller? Non??
Pois a Rosalía non se lle ocorreu outra cousa mellor que agasallalo coa publicación de Cantares Gallegos. Ese libro que supuxo o paraugas para Galicia das negras gotas que nese momento caían pesarosas sobre ela.

E Murguía, de seguro que sorriu ao soprar as velas da súa tarta. Un sorriso que se prolonga ata os nosos días, ata hoxe, no que se lle rinde homenaxe a Uxío Novoneyra, o poeta da natureza, o que nos describe o noso mundo hoxe.
E Rosalía, orgullosa da súa obra, sorriu tamén.

Grazas a eles e tras un largo camiño, hoxe temos unha lingua, unha cultura, unha tradición... unha voz reunida nun Nós colectivo e individual. Un colectivo orgulloso, ao igual que Rosalía, da nosa obra, que hoxe nos reúne baixo o sentido máis valorado do termo GALEGO.

Doulle as grazas a Rosalía polo seu atrevemento, e os meus parabéns a Uxío Novoneyra (non todos os anos se gaña o Día das Letras Galegas), a Murguía, polo seu aniversario, e tamén a Sabela: meus parabéns!!



martes, 23 de marzo de 2010

Da medida das cousas

Hoxe, volvín ler "Da medida das cousas"
Ti dís: Galicia é ben pequena. Eu dígoche: Galicia é un mundo.
(...) Do grandor do teu esprito depende de todo; canto máis pequeno sexa, máis terra precisará. Si o teu pensar é fondo, a túa terra, pra tí, non terá cabo, nela estára o mundo todo (...). Si o teu pensar se detén na codia das cousas, non digas tampouco: Galicia é ben pequena; és tí, que endexamáis poderás concebir nada grande.

Breve, contundente e direto. Nunha época que estas tres virtudes eran necesarias. E eu, recordo, en cada unha destas palabras as veces que o lin: en 4º da E.S.O e 1º de Bacharelato. E a pesar dos comentarios e das análises que se ampliaron ao ano seguinte, hoxe sorprendinme de que aínda agora hai cousas por descubrir nunhas cantas liñas xa lidas...

Hoxe vin este texto con outra mirada, dende outra perspectiva... (o que fai o tempo...), nunca me decatara da crudeza das palabras en "és tí, que endexamáis poderás concebir nada grande..."
Que crudeza... para aqueles á que vai dedicada... que tristura... nunca o comprederán, para eles, unha terra e unha nación como a nosa... sempre lles quedará pequena...
Para eles, non hai un "ata loguiño...

lunes, 15 de marzo de 2010


Por que temos que estar mort@s para saír nos papeis?
Queremos que o epitafio sexa o que menos importe no panorama literario galego da actualidade, queremos que a literatura feminina deixe de ser entendida como literatura perfumada... Existe vida despois de Rosalía.

Desculpe que non me levante, senhora

Benvid@s amig@s a un blog que adopta unha óptica transgresora dende un pasotismo que non é tal.

Ola!!!
Estades todos convidados a visitar (e comentar, que o blog está aberto para todos) o novo blog que non presenta ningún pasotismo con respeto á nosa lingua, cultura, arte, e moitos etcéteras!!!


Non teñades vergonza e animádevos a contribuír coa nosa óptica trasgresora cun pasotismo que non é tal!

martes, 22 de diciembre de 2009

Algo de Cultura Brasileira

Olà! Tudo bem?
Foi a primeira frase que dixo o noso lector de portugués. Recordo ese día, estábamos todos impacientes por saber cómo era o noso profesor das horas iteractivas. Chámase Ulisses, e é de Brasil. Cando pronunciou as primeiras palabras, todas quedamos... caladas... O seu acento non tiña nada que ver co portugués: era suave e sonoro. Curiosamente entendíaselle mellor a el que ao noso propio profesor de portugés, pero iso non nos importou.

Grazas a Ulisses, hoxe podemos decir que coñecemos algo de Brasil. Quen pensou algunha vez que en Brasil non existen as luvas? Cando nolo dixo na clase, todos quedamos "E como non van existir?" "Bom, si que existem, pero para trabalhar" E é que claro, quen vai usar luvas no Brasil, terra onde predomina o sol e a calor? Só os que teñen que traballar coas máns.
E de seguro, que case o único que coñecedes de Brasil é o seu Carnaval e que é a cuna da capoeira e de xogadores como Kaka, Roberto Carlos, Robinho... e un largo etc.
Pero... e da música e da literatura... que??

Cada día dábanos unha fotocopias cos pronomes ou cos verbos, pero todas elas tiñan unha canción, que as de galego non dudamos en empezar a cantar en canto soaba a música, a pesar que non a coñecíamos, así que xa podedes imaxinar o que de alí saía...

Pero eso si, cada vez que ían pasando os días, as cancións eran máis complicadas, psicoloxicamente: primeiro comenzou con cancións populares, pero rematou con composicións dignas de quedarse a matinar sobre o tema que tratan.

A continuación déixovos as dúas cancións que máis me gustaron do tesouro que nos legou Ulisses, espero que a vós tamén vos guste.

A primeira é un poema de Cecilia Meireles, cantada por Fagner:

http://www.youtube.com/watch?v=yJqrQk9Ol48&feature=related
Eu canto, porque o instante existe
E a minha vida está completa
Não sou alegre nem sou triste,
sou poeta
Não sou alegre nem sou triste,
sou poeta
Irmão das coisas fugidias
Não sinto gozo nem tormento
Atravesso noites e dias no vento
Se desmorono ou se edifico
Se permaneço ou me desfaço
Não sei se fico ou passo
Eu sei que eu canto e a canção é tudo
Tem sangue eterno a asa ritmada
E um dia eu sei que estarei mudo, mais nada

A segunda é Sinal Fechado, de Paulinho da Viola, na que nos conta o que pasa cando a función fática da linguaxe (aínda recordo a certa profesora intentando explicar esta función: É cando, por exemplo, chamas por teléfono e dis "Ola?, Diga?" para saber se hai algúen ao outro lado do teléfono) non é respondida.

http://www.youtube.com/watch?v=IEUPH1A7YkM

domingo, 29 de noviembre de 2009

sábado, 14 de noviembre de 2009

Like a rolling stone

Volvía o outro día en autobús dunha agotadora xornada lectiva, cando comezou a soar nos meus auriculares a canción que está na parte inferior desta entrada. Sempre que vou coa música posta teño a manía de inventarme historias ás que lle quedaria ben o que estou escoitando, coma se fose a perfecta banda sonora dese instante. Entón, pensei na clase de literatura galega (É que cando non se pode evitar...), concretamente nos fidalgos de "Os camiños da vida" e na parte da súa decadencia ó colisionar con outra forma de vida e sociedade. Estou referindome ao momento no que xa non poden caer máis baixo porque é imposible, ao momento no que os papeis empezan a cambiar, ao momento no que uns plantexanse intentar saír adiante e outros simplemente non se plantexan nada e continúan no seu miserable mundo de ilusións e apariencias.
Pois ben, creo que hai frases neste tema de Bob Dylan que cadran perfectamente co que expliquei anteriormente: A perda de riquezas e respeto, decatarse da crúa realidade, verse superados pola situación que lles escapa das mans...etc etc. Non sei, pareceume curioso que algo que non ten nada que ver -En teoría- puidese interpretarse desta maneira. É obvio que non toda a cancion encaixa perfectamente, pero aínda así creo que é unha elección bastante adecuada. Deixo o vídeo coa letra subtitulada en castelán, a ver que vos parece. Ata logo, frikis.

lunes, 9 de noviembre de 2009

sábado, 31 de octubre de 2009

Rosa Aneiros entrevistada en «Galicia hoxe»
28 outubro 2009Entrevistas, Narrativa, Premios_Xerais, Xerais_nos_medios
Con motivo da primeira presentación de Sol de Inverno, que terá lugar hoxe en Ferrol, o xornal Galicia hoxe entrevista a Rosa Aneiros.
Rosa Aneiros (Valdoviño, 1976) tira "para casa", como ela mesma confesa, e elixiu Ferrol para presentar (Galería Sargadelos ás oito da tarde) Sol de inverno, a novela coa que gañou a última edición do Premio Xerais. Onte estaba algo inqueda, non polo acto en si -estará acompañada por Sonia Díaz Pereiro e Manuel Bragado- senón polas "lóxicas expectativas" que xorden arredor dunha "obra avalada de premio" e o temor de decepcionar: "o peso da responsabilidade é maior".
Do que non ten dúbidas é de que "dei o mellor que tiña" e iso "xérache sempre seguridade", máis cando "estou convencida de que realmente conseguín as espectivas que me propuxera". Aínda así, recoñece que o seu soño sería "escribir unha novela excelsa e que lle gustase a todo o mundo".
Aínda que Sol de Inverno poida incluírse no xénero da novela histórica -reconstrúe a peripecia dunha familia republicana que debe exiliarse para fuxir do fascismo-, Rosa Aneiros rexeita falar dese tipo de etiquetas: "Toda novela está ancorada nun espazo ou nun tempo que ás veces é a actualidade e outras varios séculos atrás". Por riba de todo, o seu obxectivo era "defender a historia de Inverno" até o punto de que este personaxe -central na trama- "ten voz propia e traballei nel para que o lector percibise non tanto a miña voz como narradora senón a da protagonista da novela".
Pero ¿quen é Inverno? Trátase dunha muller, filla dun republicano, que foxe de Antes -simbólico nome dunha aldea galega- para encamiñarse cara ao exilio en Cuba tras pasar pola resistencia de Barcelona e os campos de refuxiados franceses. "Inverno", subliña a escritora, "cre que lle roubaron algo, mesmo antes da guerra civil e a súa busca continua do paraíso é a procura de Antes: volver á infancia, á inocencia roubada coa morte de Fiz [un rapaz moi unido á protagonista que outro amigo asasina por ciumes]".
A existencia de Inverno está marcada "polo exilio que lle tocou vivir" pero tamén "por un exilio persoal". Deste xeito, Aneiros mestura circunstancias históricas e políticas - "moi fáciles para plasmar a súa paisaxe vital"- pero tratou ao tempo de evitar construír "o cadro dun momento histórico para contar a vida de Inverno".
Pola novela crúzanse revolucións -a da II República española e a revolución castrista-, un aspecto que aparecía xa en Resistencia, unha obra anterior ambientada na Revolução dos Cravos portuguesa. Para a escritora, estas convulsións históricas son clave e o personaxe que mellor define a súa intencionalidade é o pai da protagonista, "encarnación do eterno insatisfeito. Ese home quere sentir que forma parte da historia, da revolución. Todos temos a necesidade de sentir cousas así, incluso Inverno. Non só podemos ter a sensación de que encadeamos unha derrota tras outra, senón que podemos obter vitorias, comunais e persoais. Esa sensación de que triunfamos con algo: coas nosas ideas".
Aneiros tamén é consciente de que o seu estilo evolucionou -" supoño que medrei como escritora"-, pero esta evolución non significa un progreso porque "nunca volves ser o escritor que fuches". Nalgún momento, engade, pode botar de menos "a persoas que fun cando escribín unha obra determinada.

martes, 27 de octubre de 2009

máis novoneira

Uxío soubo, dende sempre, que un home pode ser outra cousa e así o expresa, encetando dende os cumios do Courel un diálogo telúrico sobre a vida e a morte”.
Carlos Mella

CAIN as follas...


Sinto unha cousa


que se apousa en min e non me toca.








PASAN pasan as nebras...


Eu sinto que me deixan e me levan...


............................................


Esata door que agarda só que a acendan!


Ise algo meu que en todo se me queda!






NEVA no bico do cume


neva xa pola ladeira


neva no teito e na eira.


..................................


................................ ..


...................................




Eu a ollar pro lume


i o lume a ollarme.


O lume sen queimarme


fai de min fume...


Vin bandeiras do Bierzo
X. Luis Méndez Ferrín
Estivemos na Quintá, como quería Victoriano Taibo que dixesemos, ou na Quintana que hoxe toda a xente, incluíndo Lorca, escribe ou di. Na manifestación Queremos Galego! Habería 50.000 ou seguramente 100.000 humanos. Así como hai Quintana de Vivos e Quintana de Mortos, eu vin todos eses vivos pro tamén unha manifestación innumerabel de mortos. Estaban todos os mortos que nós temos e eles non teñen porque os seus mortos son de lonxe. Mortos e mortas entre os que, por proximidade destacaba a presenza da ánima de Rosalía e a do xenio de Domingos Antonio de Andrade, que na manifestación traducía os seus hexámetros latinos ao galego materno. Non podemos nomear todos os defuntos que estaban na Quintana no corazón e na lembranza dos manifestantes: eran todos os do 1846, os do Banquete de Conxo, cada un dos que votaron si no Estatuto do 36, meu camarada X.R. Reboiras Noia, Martín Sarmiento, Manuel Antonio. Aí, na nación dos finados, é onde a policía municipal non pode facer cálculos nin pór a concorrencia en algarismos.E por que se moveu tanto pobo? Moveuse por valores inmateriais en tempos de crise e de penuria. "Todas as medidas gobernamentais executadas e anunciadas estes meses no ámbito da lingua foron dirixidas a anular as positivas para o noso idioma e os dereitos lingüísticos que nos asisten ou frear proxectos destinados a tales fins. Algúns exemplos son o anuncio de derogación do decreto do 50% no ensino en galego (a mal chamada "consulta" ás familias e todo o seu ronsel de irregularidades); a supresión das axudas á traducción de libros para o noso idioma; ou a contrarreforma da Lei da Función Pública, só para que o galego non sexa igual de necesario que o castelán para acceder a un posto de traballo na administración galega". Así expuñan os motivos da protesta os organizadores da manifestación do 18 de outono.A política contra a lingua galega da actual Xunta parte dunha mentira unha e outra vez repetidas. Segundo eles, o galego viña sendo "imposto" e os falantes do castelán víanse "asoballados". Calquera espectador alleo do conflicto sabe que o 50% de galego no ensino é o que a dereita chamaba antaño "bilingüismo harmónico". E como pode interpretarse como imposición a esixencia de que os funcionarios que traballen nesta magra autonomía coñezan a lingua que o seu Estatuto declara como propia? E así seguiríamos.Existe un programa oculto e un plan de actuación contra o galego, idioma que nos laboratorios neofranquistas do FAES se considera un miasma disolvente cuxa restauración só pode conducir as masas ao nacionalismo que, á súa vez, non pode senón dirixirse a romper España. Non queren que Galicia se xeneralice a "doenza" que avanza en Cataluña e que non retrocede en Euskadi. Devaluar o galego e sentar os alicerces da súa extinción : demoler o pouco que se leva edificado institucionalmente en favor do galego. Que as medidas reaccionarias contra o idioma noso non son iniciativa de Núñez Feijóo e da súa equipa de goberno senón da Xefatura Central, é cousa que se demostra coas políticas antigalegas que, poño por caso, na deputación de Pontevedra ou o Concello da Coruña se están a executar cada día. Aínda voltaremos sobre tales extremos.Vin bandeiras do Bierzo na manifestación do pasado día 18. Elas non nos deixaron esquencer que o noso idioma sofre marxinación máxima na Terra Eo-Navio de Asturias, no occidente das provincias de León e Zamora e nas Ellas de Cáceres. Na Galicia Exterior son tantos falantes do galego sen dereitos ningún como eran os manifestantes se fixeron presentes na Quintana.Resumo manifestación do 18

uxío novoneira

A Real Academia decidiu que o ano que vén o autor homenaxeado no Día das Letras e, por extensión, durante todo o ano, será Uxío Novoneyra.
É unha boa decisión. Poucos coma el teñen merecido máis o título de poeta en todo o que iso significa: non só alguén que escribe versos ( iso facémolo moitos con maior ou menor talento ) senón alguén que destila, no seu falar, no seu dicir e no seu estar, poesía. Será un ano bo para a poesía.
Ai vai unha pequena mostra:

TERRA moura das montañas!
Boa terra que dás auga
e teis auga nas entrañas.


ESTA tarde o aire é meu amigo.
Voume sumindo sumindo.
Si o aire quer
chegarein a non ser ninguén.

domingo, 25 de octubre de 2009

Marabilla

Bueno,estiven pensando en que era o que podía poñer por aquí xa que vexo que se está animando a xente a subir cousas pero a verdade é que non se me ocurriu nada máis que este vídeo de Mercedes Peón (moi bonito por certo) que fai referencia á esencia de Galicia, á natureza que nos rodea...e está un pouco relacionado tamén coa forma de pensar de Otero que é o que estamos vendo agora na clase...aquí vos deixo o enlace xa que o director técnico Javi aínda non nos ensinou a subir vídeos!jaja

lela, a canción de "os vellos..."

http://www.youtube.com/watch?v=fiz7-MkQpO8

quico cadaval e o coruño

http://www.youtube.com/watch?v=bu0auvqR3kE

a marea crece

Non vou seguir insistindo no marabilloso que resulta abrir este blog e encontrar colaboracións e comentarios de todos vós. E realidade o que quería comentar é a grata sorpresa do video de Xabier. Como xa saberedes Cunqueiro é un dos escritores galegos máis frutíferos e importantes. Só por el xa debemos falar da existencia dunha literatura galega. Antes da guerra civil publicou moita poesía, entre elas as que responden a un gusto pola literatura medieval, en concreto a cantiga de amigo. Este é un dos poemas que respectan a forma medieval e engaden un simbolismo novo e moderno. É ideal para ser musicada e é a primeira vez que a escoito por este cantante. Está visto que os grandes "escritores (si, tamén rockeiros) nunca morren.
Xabi, en canto as faltas de ortografía, oes, nin a primeira.
Rubén-Iván, direivos que, na miña opinión, o hórreo (etc...) segue aí por non chegar a un acordo económico co dono, pero que pronto deixará de estar. O progreso prevalece fronte a tradición. Agora. iso si, que fermoso contemplar por un momento este símbolo de calquera tipo de resistencia.
P.D Xabier non fai a pelota, todo é verdade, certo, e con bo gusto. Outra cousa, podedes participar con Historia de GZ cando queirades. Xa sabedes que a literatura, a lingua e a Historia sempre foron da man nesta terra.