martes, 9 de noviembre de 2010

Fidelidade


Quizais non son a persoa máis indicada para escribir estas palabras, quizais soen hipócritas saídas de min, pois case todos sabedes que non nos levábamos moi ben. E é certo.

A pesar deses disgustos durante todo segundo de bacharelato, non podo evitar sorrir cada vez que lembro algunhas das súas peculiares clases: o pantocrator e a súa mandorla (aura para ela), a súa teoría sobre a relación entre a forma das orellas e do feto, a teoría de que debemos ser unha especie de peixes pola alta porcentaxe de auga nos nosos corpos e no aire, o efecto que lle causaba no ánimo as cores da roupa...

De colorear a Mimí, faríao cunha única cor: o verde, símbolo da súa frescura, da súa intensidade, da súa fidelidade cara ela mesma. Fidelidade. Unha boa filosofía para sobreviri neste mundo no que todos somos crueis incluso connosco mesmos.

Sabía que a xente a criticaba, e non lle importaba. Era valente e seguía cara adiante, a quen non lle gustara que mirase para outro lado.

Por isto recoñezo o valor de Mimí neste mundo, a pesar dos numeros enfados entre as dúas, porque a pesar de todo, ela ensinoume a loitar, a moverme polo que de verdade me importaba, a perseverar e a ser constante aínda que todo vaia do revés ou me saia mal. A seguir adiante comigo mesma.

Estea onde estea, espero que siga adiante.

sábado, 6 de noviembre de 2010

DESCRICIÓN DE LORENA A UNHA COMPAÑEIRA

Camiñaba con prudencia polos camiños de terra poboados de silvas e toxeiras que lle cortaban o paso enredándoselle nos pés, eses que con lixeireza, facíana avanzar sen esmagar os vergoñentos cogumelos agochados baixo as chorosas follas caídas no outono.
Ollaba cara ás árbores queimadas polo norte, con morriña, como o mariñeiro que tras meses fóra do seu fogar, ve a branquísima luz dun faro na madrugada. Neses ollos medraba o seu verdadeiro ser. Tan escuros e pequenos, como cheos de vida.
Os seus beizos, matizados con pequenos cortes superficiais, deixaban escapar anaquiños de aire fresco, anaquiños da súa alma esperanzada que ansiaba escapar do lugar onde está confinada, coma un pardal engaiolado.
Os seus cabelos desembocan nos seus ombreiros, ergueitos, estreitos e femíneos, sobre eles, fíos de la tan escuros como o acibeche, tan rizados coma unha caracola da praia, tan suaves como a súa voz. Unha voz que non semella o vo dunha águia coa súa firmeza e solemnidade, senón que trae lembranzas dos cánticos que entoan as anduriñas en primavera. Fráxil, non ve a súa beleza. Tan pura e inxenua que o seu sorriso podería facer tremer á propia templanza.

OS CAMIÑOS DA VIDA

Gustoume moito o que limos na clase. É unha obra moi realista e dura, que compara maneiras de vivir moi diferentes. O máis fascinante son os tipos de muller que aparecen ao longo da obra, observar as diferenzas e semellanzas entre elas á vez que temos en conta o patrón da época.
O vocabulario e as descricións tan longas son outras das cousas fascinantes da novela. Otero consegue debuxar unha imaxe do que describe na mente, case podes ulili e saborealo. En conclusión, hai fragmentos que son un verdadeiro pracer para os sentidos.
POR LORENA

miércoles, 29 de septiembre de 2010

AQUÍ ESTOU, RAPACES AO INICIO DO NOVO CURSO. DOU A BENVIDA AOS NOVOS LITERATOS E SAÚDO AOS "VELLOS". GRAZAS TRIANA POR ESTAR SEMPRE AI, GRAZAS XABIER POR ESE TEXTO INACABADO QUE ME ENCANTA E GRAZAS A TODOS POR ESTAR AQUÍ COMIGO E DEMOSTRARME QUE NON ESTAMOS SÓS E SOMOS MOITOS OS QUE QUEREMOS QUE A NOSA LINGUA VIVA MÁIS DE MIL PRIMAVERAS. UN SAÚDO, UNHA APERTA E XA SABEDES ONDE ESTOU

domingo, 16 de mayo de 2010


Hai 147 anos Murguía estaba a celebrar o seu 3o aniversario. Sabedes cal foi o regalo da súa muller? Non??
Pois a Rosalía non se lle ocorreu outra cousa mellor que agasallalo coa publicación de Cantares Gallegos. Ese libro que supuxo o paraugas para Galicia das negras gotas que nese momento caían pesarosas sobre ela.

E Murguía, de seguro que sorriu ao soprar as velas da súa tarta. Un sorriso que se prolonga ata os nosos días, ata hoxe, no que se lle rinde homenaxe a Uxío Novoneyra, o poeta da natureza, o que nos describe o noso mundo hoxe.
E Rosalía, orgullosa da súa obra, sorriu tamén.

Grazas a eles e tras un largo camiño, hoxe temos unha lingua, unha cultura, unha tradición... unha voz reunida nun Nós colectivo e individual. Un colectivo orgulloso, ao igual que Rosalía, da nosa obra, que hoxe nos reúne baixo o sentido máis valorado do termo GALEGO.

Doulle as grazas a Rosalía polo seu atrevemento, e os meus parabéns a Uxío Novoneyra (non todos os anos se gaña o Día das Letras Galegas), a Murguía, polo seu aniversario, e tamén a Sabela: meus parabéns!!



martes, 23 de marzo de 2010

Da medida das cousas

Hoxe, volvín ler "Da medida das cousas"
Ti dís: Galicia é ben pequena. Eu dígoche: Galicia é un mundo.
(...) Do grandor do teu esprito depende de todo; canto máis pequeno sexa, máis terra precisará. Si o teu pensar é fondo, a túa terra, pra tí, non terá cabo, nela estára o mundo todo (...). Si o teu pensar se detén na codia das cousas, non digas tampouco: Galicia é ben pequena; és tí, que endexamáis poderás concebir nada grande.

Breve, contundente e direto. Nunha época que estas tres virtudes eran necesarias. E eu, recordo, en cada unha destas palabras as veces que o lin: en 4º da E.S.O e 1º de Bacharelato. E a pesar dos comentarios e das análises que se ampliaron ao ano seguinte, hoxe sorprendinme de que aínda agora hai cousas por descubrir nunhas cantas liñas xa lidas...

Hoxe vin este texto con outra mirada, dende outra perspectiva... (o que fai o tempo...), nunca me decatara da crudeza das palabras en "és tí, que endexamáis poderás concebir nada grande..."
Que crudeza... para aqueles á que vai dedicada... que tristura... nunca o comprederán, para eles, unha terra e unha nación como a nosa... sempre lles quedará pequena...
Para eles, non hai un "ata loguiño...

lunes, 15 de marzo de 2010


Por que temos que estar mort@s para saír nos papeis?
Queremos que o epitafio sexa o que menos importe no panorama literario galego da actualidade, queremos que a literatura feminina deixe de ser entendida como literatura perfumada... Existe vida despois de Rosalía.

Desculpe que non me levante, senhora

Benvid@s amig@s a un blog que adopta unha óptica transgresora dende un pasotismo que non é tal.

Ola!!!
Estades todos convidados a visitar (e comentar, que o blog está aberto para todos) o novo blog que non presenta ningún pasotismo con respeto á nosa lingua, cultura, arte, e moitos etcéteras!!!


Non teñades vergonza e animádevos a contribuír coa nosa óptica trasgresora cun pasotismo que non é tal!